Cidade de proximidade

A CORUÑA, CIDADE
DE PROXIMIDADE

Unha cidade que cuida das persoas

UNHA CIDADE
QUE COIDA DAS PERSOAS

Unha cidade para vivir

UNHA CIDADE
PARA VIVIR

Unha cidade en movemento

UNHA CIDADE
EN MOVEMENTO

Unha cidade que crea

UNHA CIDADE
QUE CREA

Unha cidade que emprega

UNHA CIDADE
QUE EMPREGA

Unha cidade contra a desigualdade

UNHA CIDADE
CONTRA A DESIGUALDADE

Unha cidade con decisión

UNHA CIDADE
CON DECISIÓN

Unha cidade que conta

UNHA CIDADE
QUE CONTA

Unha cidade todas as mans

UNHA CIDADE, TODAS AS MANS


UNHA CIDADE CONTIGO

A CORUÑA,
UNHA CIDADE DE PROXIMIDADE

Coruña Próxima é unha aposta de futuro, pero xa empeza a ser realidade. O goberno da Coruña leva dous anos dándolle forma a unha cidade de proximidade, que coida das persoas con medidas como a Renda Social Municipal e impedindo que a ninguén sen recursos se lle corten a auga e a luz. Unha cidade onde as listas de espera de seis meses en servizos sociais deron paso a unha unidade de atención inmediata.

Unha cidade para vivir, sen verteduras contaminantes, sen herbicidas tóxicos e sen pelotazos urbanísticos. Unha cidade onde os impostos se reparten de forma máis xusta, e onde os contratos públicos teñen en conta a igualdade e a calidade do emprego. Unha cidade participativa, onde a veciñanza decide, e transparente, onde o goberno dá a cara e responde. Onde se loita contra as violencias machistas e se respecta a diversidade. Onde a xente ten voz propia.

Coruña Próxima é hoxe, é agora. E será mañá. Contamos contigo.

http://corunaproxima.gal/wp-content/uploads/2017/03/cidade-proximidade-900x900.jpg

UNHA CIDADE CONTIGO

A CORUÑA,
UNHA CIDADE QUE COIDA DAS PERSOAS

Unha Coruña Próxima é a que coida da súa veciñanza, con 60.000 horas máis de axuda a domicilio. Unha cidade que aposta pola educación pública, que inviste un 58% máis en programas educativos e un 13% máis nas escolas infantís, que baixan as súas tarifas. É unha cidade que coida da infancia, con 900.000 euros para as bolsas comedor e 86.000 euros para as comidas en períodos non lectivos.

Proximidade é acompañar ás persoas máis vulnerables coa Renda Social Municipal e cun Consello Local pola Inclusión que implique a toda a cidade. É crear un local de baixa esixencia. É atender ás diversidades, cun Plan de Migracións e un Espazo para as Identidades de Xénero. É mellorar a rede de canguraxe.

Unha cidade que se compromete nun pacto contra as violencias machistas.

http://corunaproxima.gal/wp-content/uploads/2017/03/cidade-cuida-persoas-900x900.jpg

UNHA CIDADE CONTIGO

A CORUÑA,
UNHA CIDADE PARA VIVIR

A convivencia é unha prioridade na Coruña Próxima, que avoga por un urbanismo sensible e cercano á xente. Por iso as obras se entenden como pequenas intervencións de alto impacto, que melloran a vida nos barrios, e rehabilitaranse os mercados de Monte Alto, Santa Lucía e Durmideiras. Neste modelo, a vivenda é un dereito: destinaranse 2,6 millóns para o incremento do parque municipal e 2,7 para axudas á rehabilitación.

A calidade do espazo público mellorará co plan A Pé de Barrio, con reforzos na recollida do lixo, melloras no mantemento dos parques e xardíns e a plantación de 1.500 novas árbores en dous anos, nunha estratexia de recuperación da natureza na que tamén contamos coa restauración dos ríos Quintas e Feáns e a protección das Illas de San Pedro ou Punta Herminia.

http://corunaproxima.gal/wp-content/uploads/2017/03/cidade-para-vivir-900x900.jpg

UNHA CIDADE CONTIGO

A CORUÑA,
UNHA CIDADE EN MOVEMENTO

Impulsar políticas de mobilidade sostible significa abrirlle camiño a desprazamentos máis eficaces, saudables e respectuosos co medio ambiente. En 2017 comezaremos a reorganizar as liñas de autobús e a facilitar a súa circulación pola cidade, ao tempo que multiplicamos o espazo reservado ás bicicletas. Este ano será clave pola posta en marcha de carrís bici en zonas estratéxicas, así como pola mellora da rede tanto no Paseo Marítimo como na Universidade.

A cidade contará ademais cun mínimo de 60 novos aparcadoiros de bicicleta que darán servizo a centros escolares e edificios administrativos, e crearanse 9 estacións máis de BiciCoruña en Someso, Pocomaco, A Grela, Elviña, Ventorrillo, Oza, Eirís, Elviña e Baños de Arteixo. Percorridos accesibles e seguros facilitarán moverse a pé pola cidade, como amosan os proxectos do Camiño do Vixía, en Monte Alto, no Barrio das Flores e Elviña e no acceso ao colexio Labaca.

http://corunaproxima.gal/wp-content/uploads/2017/03/cidade-movemento-900x900.jpg

UNHA CIDADE CONTIGO

A CORUÑA,
UNHA CIDADE QUE CREA

A Coruña é unha Cidade Ilustrada que fai chegar a difusión cultural e artística a novos escenarios públicos. Na senda de empoderar a veciñanza é fundamental a posta en marcha de plans de apoio vinculados á actividade sociocultural a través de convocatorias abertas. Os programas Cultura de Barrio, Arraigo e Facemos Comunidade facilitan a participación de entidades locais mediante procesos xustos e igualitarios.

Este 2017 deseñarase un Plan Estratéxico das Bibliotecas e a súa actividade ampliarase tras un proceso participativo en Novo Mesoiro. É tamén o ano da rehabilitación e mellora dos equipamentos deportivos da cidade, incluíndo os circuítos biosaludables. Ao fío, desenvolverase o programa Coruña en Forma, que busca establecer un vínculo directo co impresionante tecido deportivo de base desta cidade. Tamén se darán os primeiros pasos para o proxecto de construción dunha base náutica municipal en Oza.

http://corunaproxima.gal/wp-content/uploads/2017/03/cidade-que-crea-900x900.jpg

UNHA CIDADE CONTIGO

A CORUÑA,
UNHA CIDADE QUE EMPREGA

Dar impulso á actividade económica desde a cercanía, tendo en conta ás persoas. A Coruña Próxima promove a recuperación do comercio de proximidade e dos mercados. Facémolo co deseño dun plan estratéxico e unha auditoría dos mercados, con campañas de estímulo á compra, con formación profesional e reabrindo os postos baleiros.

Apostamos polo emprego digno, estable e de calidade, con plans como Coruña Emprega, dirixido a mellorar a capacitación profesional entre a mocidade e as persoas maiores de 45 anos, e bolsas para a creación de empresas. Tamén camiña nesa dirección o novo Punto PAE de atención ás emprendedoras.

Os plans de turismo céntranse nas fortalezas da Coruña, como a súa gastronomía e a riqueza da súa oferta cultural, e exploran novas vías de internacionalización, como a promoción do Camiño Inglés ou o de Santiago.

http://corunaproxima.gal/wp-content/uploads/2017/03/cidade-que-emprega-900x900.jpg

UNHA CIDADE CONTIGO

A CORUÑA,
UNHA CIDADE CONTRA A DESIGUALDADE

Procurar unha distribución máis xusta da carga tributaria é o obxectivo da nosa política fiscal, a través de criterios como a equidade, a xustiza social, a progresividade, a sostibilidade ambiental e o emprego. Quen ten máis, máis pode achegar, ao tempo que alivia a carga das persoas que peor o pasan.

Finalizaremos a implantación dun novo calendario fiscal, que reparta a carga tributaria ao longo do ano de xeito equilibrado, e con bonificacións a través do Plan de Pago Personalizado.

Seguiremos apostando polas cláusulas sociais nos contratos públicos, que garantan a igualdade e a non discriminación, a xustiza social ou sostibilidade ambiental nos contratos públicos. O desenvolvemento da administración electrónica permitirá seguir achegando o Concello á cidadanía, con procedementos máis sinxelos e áxiles.

http://corunaproxima.gal/wp-content/uploads/2017/03/cidade-contra-desigualdade-900x900.jpg

UNHA CIDADE CONTIGO

A CORUÑA,
UNHA CIDADE CON DECISIÓN

A Coruña goberna coa xente. No 2016 máis de 3.000 persoas interviron nos procesos participativos postos en marcha na cidade e tivo lugar por primeira vez un fito de democracia directa: os orzamentos participativos. No 2017, actívase o Co-Lab, un Laboratorio de Innovación Cidadá, no que a veciñanza poderá abordar en primeira persoa os retos da cidade.

Presentaremos a proposta para a organización da cidade en distritos, que transformará o modelo de gobernanza. Volverán os orzamentos participativos, incrementando os cartos sobre os que decidirá directamente a veciñanza e ampliando as vías para facelo.

Activaremos Espazos Veciñais, infraestruturas abertas a toda a veciñanza, tanto de xeito individual coma colectivo, no Faro de Oza, o Xosé Toubes ou o antigo cárcere. E cada mes, nos barrios, estaremos co Dillo Ti, achegándonos á veciñanza para debater sobre a cidade e os problemas do día a día.

http://corunaproxima.gal/wp-content/uploads/2017/03/cidade-con-decision-900x900.jpg

UNHA CIDADE CONTIGO

A CORUÑA,
UNHA CIDADE QUE CONTA

A construción da Área Metropolitana da Coruña, a través dunha lei específica que dea marco á grande cidade que, cada día máis, conformamos xunto cos veciños e as veciñas dos concellos limítrofes, é o grande reto que nos marcamos. A nosa meta é poder levar ao Parlamento galego unha proposta legal este mesmo ano. Para acadar este grande obxectivo, que definirá a metrópole do futuro, é preciso do liderado, a colaboración e a cooperación entre A Coruña e os concellos da comarca, un camiño iniciado nos últimos meses que se traduce xa nun traballo conxunto en materias estratéxicas como o transporte, a xestión da auga, a planificación e ordenación do territorio, a innovación ou a promoción económica.

Camiñar cara á reactivación dunha verdadeira área metropolitana será a vía para mellorar a calidade de vida da cidadanía, promover un crecemento sostible e construír unha economía local competitiva, equilibrada e redistributiva.

http://corunaproxima.gal/wp-content/uploads/2017/03/cidade-que-conta-900x900.jpg

UNHA CIDADE CONTIGO

A CORUÑA,
UNHA CIDADE, TODAS AS MANS

O goberno municipal ten unha aposta clara por Coruña Próxima. Pero hai medidas que non poden impulsar unicamente dez concelleiras e concelleiros. Nin sequera desde o interior do Pazo de María Pita. Hai medidas que precisan de toda a cidade. Vaian tres exemplos básicos para hoxe, mañá e os próximos 50 anos.

  • A defensa da titularidade e o uso público da nosa beira atlántica, para unir a cidade co mar en lugar de separala cun muro de edificios de nove e dez plantas.
  • O cambio do modelo de mobilidade, para que o transporte público e as rutas a pé ou en bicicleta non sexan devoradas polos coches.
  • O impulso á Área Metropolitana, porque A Coruña non remata na Ponte da Pasaxe, para converter a rivalidade cos concellos limítrofes en cooperación.

Desde xa, o executivo local está a traballar en darlle forma a un consenso amplo e firme sobre estes tres asuntos, sumando a todas as forzas políticas, colectivos sociais e institucións que desexen contribuír a que Coruña Próxima estea aínda máis preto.

http://corunaproxima.gal/wp-content/uploads/2017/03/cidade-torre-900x900.jpg